cartas de amor

lunes, 15 de octubre de 2018

TAREFAS DOS COLABORADORES E COLABORADORAS

Os colaboradores e  colaboradoras da biblioteca das palabras máxicas,este ano son os alumnos e alumnas de 6º de primaria.
O equipo de biblioteca fíxolle entrega dunha axenda para que anotaran as súas tarefas...e xa comenzaron a traballar nelas!!!




jueves, 11 de octubre de 2018

EXPOSICIÓN "OS COLABORADORES E COLABORADORAS RECOMENDAN"

Durante o mes de Outubro os colaboradores e colaboradoras prepararon unha exposición sobre recomendacións de CONTOS DE MEDO!!!
Asique se estades indecisos sobre que conto ler, ahí tedes as recomendacións do mes de outubro



COMENZAMOS COS PRÉSTAMOS DE LECTURA

Despois da formación de usuarios sobre a utilización do programa Meiga, comenzamos con todo o alumnado cos préstamos na nosa Biblioteca!!
Este ano o proxecto da Biblioteca titúlase MULLERES QUE CONTARON!!
Aquí vos deixamos os nosos marcadores que o noso alumnado emprega para a colocación dos seus préstamos

CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN

A Biblioteca das Palabras Máxicas  convoca o noso alumnado a participar no CONCURSO DE DEBUXO DE SAMAÍN!!!!
Esperamos os vosos debuxos que decorarán a nosa entrada!!!!!!



martes, 9 de octubre de 2018

MOSTRA SOBRE A LINGUA. A Estrada

          O pasado 3 de outubro, o alumnado de 4º 5º e 6º  de Primaria, achegáronse ata A  Estrada para participar  na mostra sobre a lingua.
         



A mostra propón un percorrido participativo pola riqueza do idioma galego a través duns personaxes que os nenos/as coñecen e identifican plenamente coa lingua propia: Os Bolechas. Ademais de didáctica, a proposta é inclusiva e multisensorial para dar resposta ás necesidades de todas as persoas. 

   Ademais a mostra contempla materiais de apoio e complementarios, como un caderno de actividades e un libro aventura dos Bolechas sobre as variedades dialectais do galego, que complementan e serven de repaso de todo o visto e vivido no percorrido expositivo.

viernes, 28 de septiembre de 2018

BENVID@S A UN NOVO CURSO

Estimadas familias, dende a Biblioteca das Palabras Máxicas, dámosvos a benvida a un novo curso.
O equipo de biblioteca xunto cos colaboradores estamos a preparar moitas actividades. Este ano o noso proxecto de biblioteca titúlase: MULLERES QUE CONTARON.
 Pouco a pouco irémosvos contando mais cousiñas...de momento deicirvos que o día 1 de Outubro a BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS xunto con MIROLEO comezan unha nova aventura!!!

Para os que non o coñezades, este é Miroleo a nosa mascota!!!