cartas de amor

domingo, 31 de enero de 2021

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe conmemoramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, e facémolo dun xeito moi especial. 
TODOS E TODAS DESEXAMOS A PAZ NO MUNDO. 
Todos os nenos e nenas do colexio participaron na elaboración  dun mural conmemorativo do artista Bansky, que se trata dun seudónimo dun artista descoñecido de arte urbán
Se queres saber máis de Bansky, preme aquí
 

 

Ademais o alumnado de  6º participaron nesta fermosa presentación verbalizando frases de grandes pacifistas

 

jueves, 28 de enero de 2021

NOVIDADES

 Co novo ano, xa comezamos a renovar o fondo bibliográfico da nosa biblioteca.  Aquí tedes novos títulos en galego, castelán e inglés para mergullarvos en novas lecturas.






miércoles, 20 de enero de 2021

EN XANEIRO MIROLEO RECOMENDA...

O recanto das recomendacións dos colaboradores xa mudou coa chegada dun novo mes!

Este mes miroleo recomenda CONTOS SOBRE A PAZ, A DIVERSIDADE E A NON VIOLENCIA.




martes, 22 de diciembre de 2020

Felicitación

 

 Estimadas familias, que teñades un BO NADAL, un moi bo comezo do 2021 e sobre todo moita saúde!

  TODO  VAI SAÍR BEN


 

III CONCURSO POSTAIS DE NADAL. RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE NADAL.

 Outro ano mais, convocamos ao alumnado para o III Concurso de postais de nadal.

Este ano ao igual que os anos anteriores foi todo un éxito, mirade que postais tan fermosas!

O equipo de biblioteca, xunto co Equipo de Normalización, tívoo moi difícil, á hora de elixir dúas postais.

Finalmente as postais gañadoras foron:

- A postal de Anxo Couto Pazos, para felicitar á Comunidade Educativa


- A postal de Mara Couto Caramés, para as recomendacións lectoras.


Moitísimas grazas a todas as familias que colaborastes na elaboracións destas postais tan fermosas!


jueves, 17 de diciembre de 2020

VII FESTA DAS PALABRAS 2020

O pasado martes entregáronse no teatro principal da Estrada. os premios aos gañadores do VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS.

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros docentes da Estrada, entregaron os premios nun acto no que só puideron asistir un alumno/gañador xunto con un docente. Todas as creacións quedarán inmortalizadas nun libro punlicado cunha fermosa portada da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. 




jueves, 3 de diciembre de 2020

NO MES DE DECEMBRO MIROLEO RECOMENDA....CONTOS CLÁSICOS

 Xa temos o recanto actualizado sobre as recomendacións de Miroleo.

Este mes recoméndanos os contos clásicos





Deixámosvos un enlace de audio contos en galego audiocontos