cartas de amor

lunes, 29 de abril de 2013

SEMANA DO LIBRO 2013

PARABÉNS LIBROS!!!! Porque o día 23 de abril estades de ANIVERSARIO ... con vós pasámolo xenial: rimos, pasamos medo, ás veces intriga .... e por iso ... esta semana querémosvos organizar unha festa!!! e que mellor invitados para esta festa que moitos nenos e nenas dispostos a escoitar moitas historias???

Estas foron algunhas das actividades que organizamos en relación á SEMANA DO LIBRO e ao noso proxecto MERGÚLLATE NA LECTURA (Proxecto anual sobre a auga)

- Dentro do CICLO DE CONFERENCIAS que estamos organizando ultimamente. Esta semana tivemos unha conferencia a cargo de ALEJANDRO coa axuda de ALEX. Alejandro falounos da pesca e ata nos trouxo unha caña para que a viramos!!!!




- Saray contoulle á rapazada de Infantil e de 1º ciclo o conto "EL PEZ ARCOIRIS" .... e puidemos ver de fondo imaxes do fondo do mar que nos fixeron mergullarnos de cheo na historia!!!. Despois cada neno/a recibiu de "agasallo" un pequeno  "pez arcoiris" ...





 
 
- Os colaboradores da Biblioteca, agasalláronnos dramatizando unha pequena obra titulada "Gota a gota" que contaba as aventuras de 5 pequenas gotas de auga ata chegar ao mar.
MOI BEN RAPACES!!!! COMO NOS GUSTOU!!!!!










jueves, 11 de abril de 2013

CICLO DE CONFERENCIAS

Estamos en abril, o mes dos libros ... un dos meses máis importantes para a vida da nosa Biblioteca.
Este curso decidimos facer un ciclo de CONFERENCIAS a cargo dos nosos alumnos- colaboradores...
Hoxe, ALEX, coa axuda de ALEJANDRO, falounos sobre o XADREZ, xa que el é un experto sobre o tema e participa en campionatos. 







martes, 2 de abril de 2013

DÍA DA POESÍA --- EN TORNO A ROSALÍA

Hoxe rematamos o 2º trimestre e ... que mellor forma de rematalo que con unha boa lectura!!!
Celebramos o día da poesía ... primero a profe Ana,responsable do EDLN fíxonos unha fermosa presentación na biblioteca sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.



Tamén escoitamos cantar, nun video, a Lucía Pérez un poema de Rosalía:




Despois recitamos "ADIOS RÍOS ADIOS FONTES NA ENTRADA DO COLEXIO!

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 


 




















miércoles, 20 de marzo de 2013

EXPOSICIÓN DAS NOVAS ADQUISICIÓNS


Chega PRIMAVERA e con ela, moitas novas aventuras para a nosa biblioteca.
NA ENTRADA DO COLE PODEDES VER UNHA PEQUENA MOSTRA DOS NOVOS TÍTULOS QUE XA ESTÁN NA BIBLIOTECA!!!!!




martes, 19 de marzo de 2013

TRIVIAL DE SOGAMA

Esta semana temos os TRIVIAL DE SOGAMA na NOSA BIBLIOTECA.

AQUÍ PODEDES VER AOS NENOS E NENAS DE 2º CICLO XOGANDO ...




 
 
3º CICLO
 


 

viernes, 8 de marzo de 2013

8 de marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Neste día un agasallo musical que acaba de saír á luz.




Aquí podes atopar máis información sobre esta preciosa iniciativa

http://song.unwomen.org/es