cartas de amor

viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA PAZ 2014

Tivemos un día da paz moi movido. Pola mañá participamos en Portas, xunto con outros colexio da zona, nunha carreira de DEPORTE ESCOLAR.
















Pola tarde, xuntámonos na entrada do colexio, ao lado da  "ÁRBORE DA PAZ", que durante estes días estivemos construindo, cada un coas súas ideas sobre a paz.











Cantamos a canción que preparamos na clase de Inglés "Hey Brother" que fala sobre a amizade.





E aproveitamos este día para comezar coas MOCHILAS VIAXEIRAS. 


(AS COLABORADORAS REPARTINDO AS MOCHILAS)

Como vimos facendo estes anos, as primeiras mochilas saen dun sorteo!!! Os primeiros gañadores foron:
3 anos: Marcos
4 e 5 anos: Alba
1º curso: Carlota
2º curso: Brais N.
2º ciclo: Lonina
3º ciclo: Samuel





Tivemos que aprazar a CARREIRA SOLIDARIA A FAVOR DO SAHARA  porque chovía ...


pero ao día seguinte xuntámonos fóra para facer este acto!!!!!





viernes, 20 de diciembre de 2013

DIPLOMAS AOS MELLORES LECTORES/AS - NADAL

O día 20 entregamos os diplomas aos mellores lectores e lectoras deste primeiro trimestre.
Aquí podedes ver aos gañadores/as



Despois deste acto, os alumnos/as de 3º ciclo recitaron unhas bonitas poesías sobre o outono e o Nadal.




A continuación, chegou o momento de cantar a canción de Nadal deste ano, que era "Hecho con tus sueños", unha canción solidaria que xa levabamos varias semanas preparando.Con coreografía e todo!!


Un grupo de nenas do colexio, bailaron a canción " Limbo".





















... Despois de tanto movemento ... había que repoñer forzas !!!!!








QUE BOA FORMA DE REMATAR O TRIMESTRE!!!!!


BOAS FESTAS E BOAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS ...!!!!! 
E LEMBRADE LER MOITO DURANTE ESTE TEMPO!!!!!

O equipo da Biblioteca do CEIP de Oca e todo o centro deséxavos un feliz 2014!!!!



Send this eCard

jueves, 19 de diciembre de 2013

GINGERBREAD MEN (Receita de Nadal)



Mirade que galletas máis chulas fixemos na clase de Inglés coa profe SUSANA e con Tansim, a auxiliar de conversa deste curso.

A verdade é que quedaron xenial e o mellor de todo ... e que estaban deliciosas !!!!



Aquí vos deixo a receita para os que queirades repetir e facela na casa coas vosas familias. Fai clic aquí:

Receita en inglés

Receita en castelán

Receita en galego

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DE NADAL

Nesta ocasión, organizamos unha exposición de postais de Nadal, na que cada neno/a elaborou a súa e escribiu un texto cos mellores desexos para o ano 2014.



MOI BEN RAPACES E RAPAZAS!!!! FELIZ ANO 2014 PARA TODOS E TODAS!!! 
AGARDAMOS QUE SEXA UN ANO DE MOITAS LECTURAS COMPARTIDAS, DE NOVAS DESCOBERTAS QUE NOS FAGAN MEDRAR E SER FELICES!!!!!
..







miércoles, 18 de diciembre de 2013

DE VISITA Á PREHISTORIA!!!!

Xa hai millóns que anos que non habitan a Terra, pero coa axuda da ciencia e a tecnoloxía, podemos saber como eran e como vivían ... OS DINOSAUROS!!!

Todo o cole desprazouse ata Vigo para asistir á exposición "DAYS OF THE DINOSAUR"








http://www.daysofthedinosaur.es/
http://entradas.novagaliciabanco.es/es/Detalle/Los-Dias-de-los-Dinosaurios


martes, 17 de diciembre de 2013

OBRADOIRO DE TEATRO CON ERNESTO CHAO E ROSA ÁLVAREZ

Hoxe tivemos a sorte de estar no cole con ERNESTO CHAO E ROSA ÁLVAREZ, que ademais de falarnos sobre o seu traballo, fixeron un obradoiro ben divertido. Pasámolo xenial!









Ao final entregámoslle un agasallo de parte da ANPA que foron os que xestionaron a actividade.

 MOITAS GRAZAS!!!








E NO NADAL ... SEGUIMOS CULTIVANDO A NOSA MENTE COA LECTURA!!!

ESTAS SON AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2013 ... LEMBRÁDEVOS DE INCLUIR LIBROS NA VOSA CARTA A PAPA NOEL, OS REIS MAGOS OU O APALPADOR!!!!


OS LIBROS QUE APARECEN NA GUÍA FORON ESCOLLIDOS CONXUNTAMENTE POR VARIOS COLEXIOS: CEIP FIGUEROA, CEIP FOXO, CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES (FORCAREI) E CEIP OCA.