Estas semanas desfrutamos da celebración do Samaín no centro. Realizamos multitude de actividades, amosámosvos:
Por unha banda, como xa é tradición, houbo exposición de cabazas e produtos de outono. Os cativos/as coa colaboración das familias, botaron man da imaxinación e crearon obras divertidísimas a vez que terroríficas.
Aquí vos deixamos unha mostra da terrorífica exposición, e dende aquí agradecer a todas as familias e alumnado por todas manualidades.VAIA ARTISTAS!!!
E mirade como temos os corredores do centro...
Tamén realizamos intercambio de postais con outros centros Plambe da contorna. Mirade como foi o proceso de creación no noso colexio e os desexos que nos enviaron dende os outros!
Se queredes ver mais fotos da nosa festa de Samaín e Magosto, podedes aceder ao seguinte enlace https://centros.edu.xunta.gal/ceipoca/galeria/thumbnails.php?album=64















