Como xa recollimos en publicacións anteriores, o PDI deste curso titulado Vivamos a Nosa Música, centrouse en achegar ao noso alumnado ás raíces celtas da nosa cultura e do noso folclore, partindo do Festival Intercéltico de Lorient (punto de encontro das chamadas “nacións celtas” no que se dan cita a cultura, a música e as tradicións dos diferentes países). Demos comezo a este proxecto, coa visita de Pablo Seoane, delegado nacional deste festival.
Unha vez feitas todas as investigacións e presentacións, o pasado xoves, abrimos o centro a toda a comunidade educativa para que o alumnado puidera expoñer todo o aprendido.
Durante estas exposicións o alumnado de sexto de Ed. Primaria, actuaron de presentadores, dirixindo todo o acto.
O alumnado de Ed. Infantil, centrouse no estudo do pobo celta, coñecer como e onde vivían e a súa simboloxía.
Por outra banda, os alumnos/as de 1º,2º,3º e 4º de Ed. Primaria, expuxeron as semellanzas e diferenzas coas músicas das rexións veciñas, facendo a comparativa de idiomas, instrumentos, danzas e traxes típicos entre Galicia, País Vasco e Asturias.
Posteriormente, este alumnado interpretou Ríu Verde, canción e danza tradicional moi popular tanto en Asturias como en Cantabria.
Ademais, a continuación, cantaron e tocaron a canción popular vasca, Aldapeko.
E por último, bailaron a danza vasca, Esku Dantza.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, centráronse no estudo das rexións intercélticas
(Galicia, Irlanda, Escocia, Bretaña Francesa, Gales, Illa de Man e Cornualles).
En concreto, na súa localización,
idioma, música, instrumentos e vestimentas tradicionais, bailes, danzas típicas e grupos que participaron
no festival de Lorient.
A continuación, interpretaron Iris Boy, con frautas e placas.
E xa para rematar, todo o alumnado, profesorado e invitando ás familias, participaron da danza bretona An Dro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario