cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 23 de abril de 2018

CHARLA SOBRE FLORA E FAUNA-PLAN PROXECTA

A pasada semana tivo lugar na biblioteca unha charla do garda forestal da comarca  do deza para os alumnos de 5º e 6º de primaria.
Faloulles sobre a fauna e flora autóctona da nosa contorna.
En canto á flora, explicounos as características xerais dalgunhas árbores como a sobreira de Balboa (A Estrada) ou o bidueiro.
En relación coas aves, viron e escoitaron os sons de paxaros como a curuxa, a aguia real, o cuco, o peto real e avenoiteira.
En canto ós mamíferos, faloulles sobre o zorro, o oso pardo, o raposo e o lobo.
Pasaron unha tarde moi interesante e entretida coñecendo os seres vivos da contorna más próxima en relación co PLAN PROXECTA que se leva a cabo no noso centro: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE.






No hay comentarios:

Publicar un comentario