cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 14 de mayo de 2019

CONCERTO DIDÁCTICO

    Nesta semana das Letras Galegas, son varios os actos que temos no noso colexio. Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria achegáronse ata a Estrada para asistir a un Concerto Didáctico no Teatro Principal.
     En colaboración co EDLG do CMUS Profesional de Coruña e os CEIP da Estrada, o noso alumnado  achegouse á tradición dos cantares de cego. O música Pancho Álvarez coa colaboración de Abraham Cupeiro, achegounos a unha das tradicións orais mais importantes de Galicia a través do seu disco  "Florencio, o cego dos Vilares"
     Mestres de música dos Ceip participantes musicalizaron unha estrofa coa colaboración de todo o alumnado que amenizaron a sesión.
     Na 1º parte do concerto Abraham Cupeiro explicou a orixe dos instrumentos de vento, e tamén un dos mais importantes da nosa contorna que é a corna.


     Na 2º parte Pancho Álvarez explicou os instrumentos do Pórtico da Gloria como son o organistrum, a arpa ou a cítara entre outros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario