Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O lema deste curso das bibliotecas escolares de Galicia, A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, quere poñer o foco na palabra e na oralidade. A nosa biblioteca atópase en reformas polo que tomamos ao pé da letra a forza da palabra.
Hoxe festexaremos o Día das Bibliotecas desfrutando das novidades lectoras e das actividades para o fomento da lectura coa colaboracion da Libería Aenea de Santiago de Compostela.
Aproveitamos para poñer unhas fotos sobre a nosa biblioteca que se está preparando para que sexa unha biblioteca dinámica, inclusiva e converterse no lugar de recursos para nenos-as, profesorado e familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario