Fai unhas semanas puidemos disfrutar dunha visita moi especial. Tivemos o pracer de entrevistar á nai dun dos nosos alumnos, neste caso a entrevistada foi Mónica Brey Baltar. Mónica foi unha das pioneiras na mecanización da recollida da mazá. Durante a súa charla explicounos con detalle todo o proceso de elaboración da sidra, dende a recollida desta froita ata a transformación final nesa bebida. Foi unha entrevista do máis divertida e interesesante! Animámosvos a lela completa na revista do cole, que se publicará nuns días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario