A nosa biblioteca mantense viva e con moitísimas actividades. Unha das últimas, foi un taller de poesía, impartido pola poetisa Amanda Plaza. Nel aprendimos a rimar, medir versos e incluso nos animamos a compoñer diferentes obras, recitándoas finalmente, diante dos nosos compañeiros e mestres, un público realmente esixente.
Pola súa banda, Amanda tamén nos recitou algún dos poemas recollidos no seu último libro.
Encantáronnos!
Para ver todas as imaxes, clicade
aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario