Esta semana recibimos no centro ao pai dun dos nosos alumnos de Educación Infantil, Jacobo Porto. Jacobo, acudiu ao centro co fin de achegarnos un pouquiño á súa profesión, a medicina, posto que el é radiólogo.
Foron os nenos e nenas de Educación
Infantil e cuarto de Primaria os destinatarios desta visita. Os máis
cativos, tiveron a oportunidade de observar os diferentes ósos, a
través de distintas radiografías. Ademais, puideron manipular algúns dos instrumentos médicos máis usados.
Por outra banda, os maiores, fixéronlle unha pequena entrevista, analizaron varias probas e
coñeceron de primeira man o funcionamento dos distintos aparellos do corpo
humano.
Encantounos a súa charla! Moitas grazas pola visita!
No hay comentarios:
Publicar un comentario