O pasado venres, visitamos a Semana Verde de Silleda.
Foi unha mañá ben entretida: primeiro un obradoiro de tiro con arco.
Despois unha exposición de aves de cetrería onde viron de cerca a aguia de Harris, a aguia Mora, o moucho Real Siberiano ou o falcón peregrino.
Mentras merendaban poderon ver as probas de Agility e habilidades caninas.
Por último participamos nun obradoiro coa colaboración de Gadis- "O prato alimentes, o menú saudable" para concienciar os mais pequenos sobre o consumo responsable, a alimentación saudable e a vida activa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario