Hoxe 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, e por este motivo, visitounos o artista galego MONDRA, para dar comezo ao noso proxecto sobre a MUSICA TRADICIONAL.
Martín Mondragón, coñecido musicalmente como Mondra, é un artista teense, que o pasado maio recibiu o premio Martín Códax na categoría Electrónica. Nova estrela do trad, un xénero que se inspira na música tradicional galega e a converte nun son actual.
Durante esta xornada todo o alumnado participou en dous obradoiros sobre o baile máis importante de Galicia, a muiñeira, "Tempo de troupelear"; peza de música tradicional que cantaban os nenos e as mulleres no momento de mazar o liño. Mondra ten unha versión desta peza e quixo compartir con nós o seu baile, ao carón da súa voz acompañado da pandeireta. Asemade coñeceron a súa traxectoria e distintas curiosidades do mundo da música actual. Uns talleres moi interesantes para que o alumnado, entenda a importancia de visibilizar a nosa música e a nosa cultura.
Para finalizar, despois dos talleres, o alumnado tivo a oportunidade de facerlle unha entrevista ao artista, publicarase moi pronto neste blogue para que toda a comunidade educativa disfrutedes do seu visionado.
A maiores reparteuse o caderno viaxeiro As Nosas Cantigas, espazo no que as familias recollerán cantigas, adiviñas, refráns... calquer relato oral da zona. Trátase dun traballo de memoria, que lle permitirá ao alumnado seguir afondando na tradición da contorna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario