Durante a pasada xornada tivemos no colexio a actividade "Galicia Sabe a mar," iniciativa da Xunta de Galicia, concretamente, da Consellería do Mar.
Trátase dunha campaña para incentivar o consumo de produtos do mar, a través dunha foodtruck que reparte tapiñas de diferentes produtos procedentes do mar. As tapas que probou o noso alumnado foron as seguintes:
- Humus de fabas de Lourenzá, con mexilón da ría en galleta mariñeira.
- Croqueta de chopo da ría con alioli.
Tedes máis información e receitas no seguinte enlace https://galiciasabeamar.gal/