cartas de amor

jueves, 23 de enero de 2025

GALICIA SABE A MAR

Durante a pasada xornada tivemos no colexio a actividade "Galicia Sabe a mar," iniciativa da Xunta de Galicia, concretamente, da Consellería do Mar.

Trátase dunha campaña para incentivar  o consumo de produtos do mar, a través dunha foodtruck que reparte tapiñas de diferentes produtos procedentes do mar. As tapas que probou o noso alumnado foron as seguintes: 

- Humus de fabas de Lourenzá, con mexilón da ría en galleta mariñeira. 

- Croqueta de chopo da ría con alioli.

Tedes máis información e receitas no seguinte enlace https://galiciasabeamar.gal/









No hay comentarios:

Publicar un comentario