Comezamos un novo curso cunha actuación moi especial da bruxa Carmiña a cargo de Cristina Collazo.
jueves, 28 de septiembre de 2017
BENVIDA AO NOVO CURSO
miércoles, 28 de junio de 2017
lunes, 3 de abril de 2017
ENTROIDO 2017
O BOSQUE COBRA VIDA
Este Entroido disfrazámonos de árbores e animais do bosque seguindo a temática do noso proxecto anual de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega (Os espazos protexidos)
Fixemos unha comparsa ata o pazo de Oca, onde degustamos produtos típicos destas festas na compaña das familias.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2017/02/24/bosque-cobra-vida-oca/0003_201702D24C119921.htm
Etiquetas:
actividades,
curso 2016-2017,
entroido,
proxecto espazos protexidos
lunes, 20 de marzo de 2017
CHEO DE MOSCAS...
Dende Arnois trouxemos a un experto en PESCA SEN MORTE que estivo mostrando como se fabrica a mosca que se emprega para capturar as troitas, facéndolles o menor dano posible.
Este pescador comprometido coa natureza é Juan, o pai de Alba e Mario.
As moscas imitan a insectos que comen as troitas. Quedamos fascinados/as pola abraiante meticulosidade necesaria para a elaboración das mesmas.
Este pescador comprometido coa natureza é Juan, o pai de Alba e Mario.
As moscas imitan a insectos que comen as troitas. Quedamos fascinados/as pola abraiante meticulosidade necesaria para a elaboración das mesmas.
Etiquetas:
curso 2016-2017,
obradoiros,
proxecto espazos protexidos
lunes, 6 de marzo de 2017
DÍA DA PAZ
Durante esta semana estivemos coñecendo a realidade do pobo saharauí. Recaudamos cartos para a súa causa. O día da paz, tivemos unha charla a cargo de Juan Soutelo, delegado deste colectivo en A Estrada.
Ademáis para completar esta xornada, cantamos unha canción relacionada co proxecto deste ano. Un canto a favor da conservación do medioambiente.
Tamén tiñamos pensado realizar unha carreira solidaria a favor do pobo do Sahara que finalmente non puidemos levar a cabo por mor das condicións metereolóxicas.
Ademáis entregamos as primeiras mochilas viaxeiras. Aquí podedes ver @s afortunad@s!

lunes, 20 de febrero de 2017
SAÍDA Á CASA DAS LETRAS E A RADIO ESTRADA
O martes 29 de novembro saímos toda a escola para coñecer como se fai un programa de radio en directo. Ademais visitamos a Casa das Letras, que é a biblioteca municipal da Estrada. Ensináronnos o seu funcionamento e o uso de cada unha das dependencias.
lunes, 13 de febrero de 2017
MAGOSTO E XOGOS POPULARES
O venres 28 de outubro celebramos o Magosto. Realizamos unha xornada de XOGOS POPULARES, de MÚSICA TRADICIONAL e unha degustación de SOBREMESAS CASEIRAS elaboradas con produtos de tempada.
Contamos coa asistencia e colaboración de nais e pais e algún avó e avoa.
Etiquetas:
actividades,
curso 2016-2017,
magosto,
xogos populares
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)