Onte comenzamos a actividade dos contos de sofá. A nosa convidada foi a profe Vanessa que nos contou o conto "Yo mataré monstruos por ti"
Deixámosvos as imaxes
jueves, 18 de enero de 2018
lunes, 15 de enero de 2018
CONTOS DE SOFÁ
Estimadas familias, dende a biblioteca das palabras máxicas imos dar comezo a un novo proxecto: CONTOS DE SOFÁ, destinado ao alumnado de infantil e 2º de primaria.
Para este proxecto precisaremos a colaboración de toda a comunidade educativa: mestres, familias... , e consistirá en vir a contar un conto na nosa biblioteca de centro. Pode ser calquer conto tendo en conto o seu valor literario-lingüístico e pedagóxico para o noso alumnado
Como vedes xa temos o sofá preparado, mesmo un libro de visitas para que nos deixedes as vosas impresións
Agardamos que participedes con moita ilusión neste proxecto!!!
Para este proxecto precisaremos a colaboración de toda a comunidade educativa: mestres, familias... , e consistirá en vir a contar un conto na nosa biblioteca de centro. Pode ser calquer conto tendo en conto o seu valor literario-lingüístico e pedagóxico para o noso alumnado
Como vedes xa temos o sofá preparado, mesmo un libro de visitas para que nos deixedes as vosas impresións
Agardamos que participedes con moita ilusión neste proxecto!!!
jueves, 21 de diciembre de 2017
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Onte as súas Maxestades de Oriente xunto con Papá Noel visitaron o CEIP DE OCA. Foi unha tarde moi especial chea de visitas, nervios e moita emoción, onde tanto as súas Maxestades como Papá NOEL compartiron co noso alumnado momentos irrepetibles!!!!
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Estas son as recomendacións dos libros de nadal que elaboramos conxuntamente os 5 centros PLAMBE DA ZONA. DEIXÁMOSVOS O ENLACE PARA DESCARGAR
jueves, 14 de diciembre de 2017
CHEGOU O NADAL AO NOSO CENTRO
Os nenos e nenas do Ceip de Oca coa axuda das súas mestras e mestres, adornaron as portas das súas aulas.
Mirade como quedaron
Mirade como quedaron
Na entrada do noso centro, puxemos un nacemento aportado por unha familia
Queremos amosarvos o gran traballo que fixeron os anciáns da residencia de Vea para o noso alumnado de Educación Infantil dentro dun proxecto interxeracional que levaron a cabo conxuntamente que consisteu no intercambio de adobíos de nadal
Ésta é a árbore da residencia de Vea que loce coas manualidades que fixo o alumnado de infantil
viernes, 1 de diciembre de 2017
MAGOSTO , XOGOS POPULARES E EXPOSICIÓN DE CABAZAS
O pasado 2 de novembro celebramos o magosto: tivemos unha tarde moi divertida con xogos populares e tamén aproveitamos para inaugurar a sala multiusos do noso centro.
Aproveitamos tamén para ensinarvos a fantástica exposición de cabazas que fixeron as familias do noso alumnado. Darvos a tod@s as grazas pola vosa colaboración e tamén a noraboa!!!! Ahí vai unha pequena mostra da exposición:
Etiquetas:
cabazas,
celebracións,
CURSO 2017-2018,
Samaín,
xogos populares
jueves, 30 de noviembre de 2017
25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O pasado sábado 25 de novembro conmemorouse o "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" No CEIP de Oca fixemos este cartel para concienciar a cativos e maiores de que todos os días son 25 de novembro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








































