cartas de amor

lunes, 28 de mayo de 2018

V FESTA DAS PALABRAS

O pasado 23 de maio celebrouse no Teatro Principal da Estrada a FESTA DAS PALABRAS. O colecivo "DinamizEstrada" formado polos equipos de Dinamización da lingua galega dos centros da Estrada organizaron para este curso escolar o certame de micropoemas e microrelatos sobre dúas palabras relevantes sobre a protagonista do día das Letras Galegas: mar e faiado.
A madriña do acto foi Paula Carballeira, e participou o profesorado de todos os centros e representantes das ANPAS na entrega de premios.













 Agasallaron cun caravel branco e un libro
 Estes foron os presentadores
Estas foron as palabras de Paula Carballeira despois do acto

viernes, 18 de mayo de 2018

ENTREGA DE DIPLOMAS E PREMIOS CONCURSO LETRAS GALEGAS 2018

Hoxe entregamos os diplomas para todos os participantes e os premios do concurso de debuxo da caricatura de María Victoria Moreno.

O xurado  deste concurso foi o Equipo de Normalización xunto co Equipo de Biblioteca e despois da súa deliberación decideu que os gañadores foran os seguintes:

- Julia Canicoba : 1º ciclo
- María Martínes: 2º ciclo
- Ángel González: 3º ciclo

Noraboa a todos os participantes e como non aos premiados!!!













miércoles, 16 de mayo de 2018

DEBUXOS PARA O CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Esta é unha mostra dos debuxos que o alumnado de primaria do centro fixo sobre MARÍA VICTORIA MORENO.
O xurado ten unha difícil decisión.
Os premios para os gañadores e os diplomas de participación entregaranse o venres día 18 ó remate do recreo.










lunes, 14 de mayo de 2018

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O pasado venres, o colexio de Oca participou na xornada de convivencia que o alumnado e profesorado do Ceip Ramón  de Valenzuela tiña preparado en Bandeira para nós.
Foi unha maña xenial, con numerosas actividades: con música, con teatro, globoflexia, chapas, pintura de caras, xogos tradicionais... Para a merenda tíñannos preparado un chocolate con churros e postres caseiros...
Moitisimas gracias a organización e a fantástica xornada da que nos fixestes participar!!!!













jueves, 10 de mayo de 2018

CONCURSO DE DEBUXO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Para conmemorar as letras galegas e a galardoada deste ano MARÍA VICTORIA MORENO, dende o equipo de biblioteca xunto co equipo de normalización temos  preparado un concurso no noso colexio para o alumnado de primaria
Animádevos a participar e entregade os vosos debuxos na  biblioteca antes do martes día 15.
Os participantes levarán un diploma e escolleranse as tres mellores caricaturas por cada ciclo



martes, 8 de mayo de 2018

XORNADA CONVIVENCIA NO CEIP DE BANDEIRA

Este venres día 11 o alumnado do Colexio de Oca achegarémonos ata o Colexio de Bandeira para levar a cabo unha xornada de convivencia, unha romaría con motivo das LETRAS GALEGAS.




SESIÓNS MUSICOTERAPIA EN INFANTIL

Ao longo do mes de abril, os cativos e cativas de infantil tiveron unhas sesións de MUSICOTERAPIA impartidas pola asociación Acrofam.
Durante catro sesións traballaron catro sentimentos:

DEBUXARON A ALEGRÍA:




 

FIXERON ESTE MÓVIL PARA EXPRESAR A TRISTEZA



PLASMARON A SÚA RABIA:



E ENFRONTÁRONSE ÓS SEUS  MEDOS: