cartas de amor

lunes, 4 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

O pasado xoves conmemoramos no noso centro o día da paz. Ao longo de toda a semana o Equipo de Normalización fixo unha adaptación do conto o homiño de papel e transformouno no conto A MULLERIÑA DE PAPEL en homenaxe ó noso proxecto Mulleres que contaron.
Pola tarde todos xuntos fixemos unha pomba da paz e cantamos a canción" CANTAROLA DOS NENOS" cunha letra extraída do libro Cantarolas de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas



 E por último como levamos facendo varios anos, repartimos as mochilas viaxeiras que os titores prepararon con moito agarimo para o alumnado. E estes foron os alumnos e alumnas e inauguraron as mochilas viaxeiras deste curso.


lunes, 28 de enero de 2019

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Estas son algunhas das novidades que poderedes atopar na nosa biblioteca:

 fondos documentais para o proxecto Mulleres que contaron...
 contos en inglés...
novidades para primaria...

novidades para infantil...
e non só van ser contos, tamén hai novidades en xogos para a biblioteca...




OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA

O pasado xoves tivemos na biblioteca do centro a Lola unha magnífica contadora de historias, cunha sesión de animación á lectura coa colaboración da librería Aenea de Santiago de Compostela.
O alumnado  puido comprobar  diferentes maneiras de ler contos e as diferentes tipoloxías de contos que o alumnado pode atopar nunha librería.










miércoles, 23 de enero de 2019

TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Mañán xoves 24 de xaneiro teremos na biblioteca das palabras máxicas unha sesión de animación á lectura a cargo da librería Aenea de Santiago de Compostela

lunes, 14 de enero de 2019

ESTES MES MIROLEO RECOMENDA...

Actualizamos o recanto das recomendacións de Miroleo. Ao longo do mes de xaneiro, mes no cal conmemoramos o día da paz, Miroleo recoméndanos CONTOS SOBRE A PAZ E A INTERCULTURALIDADE






miércoles, 9 de enero de 2019

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

Para rematar ben o trimestre tivemos no colexio unha xornada moi divertida con xogos tradicionais, cedidos pola Asociación Cultural Xuventude de Vedra.









viernes, 21 de diciembre de 2018

FESTIVAL DE NADAL

PREZADAS FAMILIAS, DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DO FERMOSO FESTIVAL QUE TIVEMOS NO COLEXIO.
Grazas a todas as familias por asistir e colaborar e tamén dar as grazas  os mestres polo seu traballo e esforzo!