Logo duns días traballando cos materiais previos que enviou ao colexio, onte visitounos a zoqueira Elena Ferro coa súa proposta didáctica "Eu son zoqueira", centrada no oficio dos zoqueiros.
Elena é a responsable do taller Eferro, en Merza, Vila de Cruces; e representa a continuidade dun obradoiro familiar activo dende 1915 recoñecido co Premio Nacional de Artesanía no 2019. O seu traballo axuda a renovar a imaxe do zoco tradicional, converténdoo nun complemento contemporáneo sen perder a súa esencia ligada á tradición rural.
Antes de marchar, non quixemos deixar pasar a ocasión de facerlle a Elena unha entrevista en RadiOca.
Podedes escoitar o resultado premendo na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoca/taxonomy/term/115


No hay comentarios:
Publicar un comentario