Hoxe 25 de novembro conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Seguindo os contos que nos recomenda Miroleo dende a biblioteca, ao longo da semana foron varias as actividades. Unha delas, foi en Ed. Infantil onde os cativos e cativas traballaron sobre o conto: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?
Ademais, hoxe no colexio coa colaboración de Gustavo, Teo, Emilio e Anxo da Asociación San Campio de Sarandón tivo lugar un obradoiro de música e baile tradicional.
Aprendemos sobre o baile tradicional, o picado e cómo facer unha roda seguindo o ritmo da muiñeira
E coas explicacións de Emilio e de Anxo coñecimos instrumentos como a requinta, a gaita, o acordeón e o tambor
No hay comentarios:
Publicar un comentario