O teatro Principal da Estrada acolleu onte unha Festa das Palabras adaptada á situación de crise sanitaria. Non puideron asistir os 62 premiados da oitava edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada, pero si se fixo unha entrega simbólica de premios, igual ca o ano pasado. A profesora Cruz Buján abreu o acto en representación do colectivo Dinamizaestrada, que aglutina aos equipos de dinamización do galego dos centros educativos locais.
O padriño do acto foi o escritor Xosé Luna. En representación de
cada centro escolar subiron ao escenario un profesor e un alumno, en
nome de todos os premiados.En representación do noso centro foi Lucía Couto Taboada alumna de 5º e unha das gañadoras deste ano.
Todos eles terán como agasallo un libro editado cos 62 textos gañadores, limiar de Xosé Luna e 14 ilustracións de rapaces de Infantil.
No noso centro realizaremos un pequeno acto nos vindeiros días e agasallando a cada neno/a co libro da festas das palabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario