cartas de amor

miércoles, 2 de abril de 2014

CHARLA SOBRE AGRICULTURA ECOLÓXICA

Hoxe pola tarde na BIBLIOTECA tivemos unhas charlas sobre agricultura a, que é o tema do noso proxecto deste curso. 

MANUEL E MARTA son os pais da nosa alumna Sabela. Hoxe estiveron no cole para falarnos sobre a  agricultura ecolóxica e sobre o método que eles usan: método Gaspar Caballero de Segovia.



Os primeiros en asistir a elas foron os nenos e nenas e a continuación, fixeron unha charla para as familias.









MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!! 
 


Se queredes saber máis ...


http://www.gasparcaballerodesegovia.net/es/



Saímos no xornal!!!

 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2014/04/02/comunidad-escolar-oca-cultivara-huerto-ecologico/0003_201404D2C29950.htm








O ADESTRADOR FERNANDO VÁZQUEZ VISITA O NOSO COLE

O adestrador do DEPORTIVO, Fernando Vázquez visitou o noso cole para ter un encontro cos nosos alumnos e alumnas. Estivo acompañado por Juan Rey Gómez, Juanín, xogador xuvenil do clube e exalumno do noso centro!!!

Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas aos dous.







Ademais asinaron no libro de visitas da Biblioteca!!!!!




E aquí podedes ver que saímos no xornal:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2014/03/28/fernando-vazquez-colegio-oca/0003_201403D28C4997.htm


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2014/04/01/fernando-vazquez-confiesa-colegio-oca/0003_201404D1C12994.htm





viernes, 21 de marzo de 2014

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA


O día 21 celebramos o día da poesía e que mellor maneira de facelo que a través dun RECITADO DE POEMAS sobre a AGRICULTURA que, como xa sabedes, é o tema do noso proxecto anual.



OS NENOS E NENAS  DE INFANTIL RECITAN "LA NARANJA Y EL LIMÓN" de Horacio Guillén


OS NENOS E NENAS DE 1º CURSO recitaron "DEL UNO AL CINCO" de Antonio Rubio




2º CURSO recitou dous poemas "LO QUE DURA UN CUENTO" e "ADORNOS VEGETALES". de Antonio Rubio

3º CURSO " OTROS SIGNOS DE PUNTUACIÓN" Antonio Rubio



4º CURSO "OCULTA EN EL CORAZÓN" (HISTORIA DE UNA SEMILLA) Autor: M.F Juncos


3º CICLO " LAS FLORES"





Algúns dos poemas recitados foron sacados do libro " VERSOS VEGETALES" que temos na Biblioteca.




E se queredes ler os poemas, aquí están!!!!


MIROLEO RECOMENDA: XV SALÓN DO LIBRO

A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”

LUGAR: PAZO DA CULTURA (PONTEVEDRA)
HORARIO:
LUNS A VENRES ( 17:00H A 20:30H)
SÁBADOS E DOMINGOS (11:00 A 14:00 E DE 10:00 A 20:30 H)

Actividades para pequenos e grandes: exposicións, contacontos, espectáculos inéditos, cine, estreas, roteiros, xogos, obradoiros, teatro, concertos e moooooooooitos libros

www.salondolibro.org
www.pazodacultura.org

http://pontevedraviva.com/tema/salon-libro-infantil-xuvenil-pontevedra-cocinando-contos/



miércoles, 19 de marzo de 2014

A RITMO DE LATAS!!!!

Para os nenos e nenas de 3º ciclo, o que están practicando na clase de Música ... Moi pronto xa lles sairá e nos sorprenderán a todos e a todas!!!!!






miércoles, 12 de marzo de 2014

PLANTACIÓN DE 2º CICLO




 Sementar, sementarei ...


Como podedes ver os nenos e nenas de 2º ciclo xa están metidos de cheo no proxecto e por iso, na clase de Coñecemento estiveron plantando sementes.













E como sempre, algunhas recomendacións de libros que temos na biblioteca para seguir profundizando no tema:
   

jueves, 6 de marzo de 2014

MUSICAL "EL LIBRO DE LA SELVA"

LIBROSELVA-1277-1


O sábado 8 de marzo ás 19.00 h  no TEATRO PRINCIPAL DE A ESTRADA  terá lugar un dos musicais máis exitosos do ano: "EL LIBRO DE LA SELVA" .
UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA GOZAR EN FAMILIA!!!!






Ademais, tamén informamos que ese mesmo sábado, a partir das 12.30 no Teatro Principal terá lugar o pase da peza A VOAR da compañía de teatro ourensá Sarabela Teatro. A montaxe está dirixida a nenos/as maiores de 4 anos.


http://aestrada.com/index.php/gl/e-mais/novas/1820-o-musical-el-libro-de-la-selva-no-teatro-principal