cartas de amor

domingo, 17 de mayo de 2020

PREMIADOS DO VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA. DINAMIZAESTRADA.


                No día das LETRAS GALEGAS, queremos anunciarvos os gañadores e gañadoras do VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS.
        O xurado destaca a calidade dos traballos finalistas, en todas as categorías e modalidades , facendo NON pouco doada a escolla dos traballos premiados.
            O xurado, os Equipos de Dinamización Lingüística e os Centros    Educativos convocantes comprométense á publicación dun libro que recollerá os traballos gañadores e á entrega de premios nunha data por determinar. Para esta iniciativa contará co apoio e colaboración do Concello da Estrada.

  O xurado, por último, acorda outorgar os seguintes premios :

 

Premiados micropoemas
Non chores meniño!
Choraba un neno,
chora chora sen parar.
Pois no seu cabelo, íanlle cortar.
Non chores meniño
que logo ha de vir outro en camiño.
Mario Moimenta  Brey.  1º E.P




Fabiola camiñou á casa,
co seu cabelo ao vento
e con vestido de gasa

Fabiola Valiña Sainz.  4º E.P



O lobo Raúl
ten unha boneca
de cabelo azul
trenzas e pecas.

Cando sae a lúa
Oubea mainiño
e pona a durmir
contando un contiño.

Alba Moimenta Brey   5º E.P







Premiados microrrelatos.

Os amigos nunha illa.

Érase unha vez un home que vivía nunha illa no medio do océano, ata que un día chegou outro home perdido no seu barco escangallado pola tormenta. Todos os que chegaban a aquela illa non daban saído de alí, mais un home fíxose un amigo do outro e comezaron a arranxar o barco con cachos de palmeiras. Un día de aire puxéronlle unha vela de follas e conseguiron marchar de alí os dous xuntos ata chegar a Galicia.
Aitor Gestoso Fuentes  2º E.P.
 


H2T
No espazo exterior voaba un balón…parecía un balón mais puiden comprobar co meu telescopio que se trataba dun meteorito con dirección á Terra. Os xornais puxéronse en camiño: 4.00 p.m, meteorito caído no aeroporto internacional de San Francisco; 7.00 p.m., tropas do exército teñen que controlar o nivel de radiación…Chamo ao meu amigo Xoel, non me contesta, acudo á súa casa; perigo, soidade, intranquilidade…Virus H2T controlado, o dano está feito, os zombis son indestrutibles.
Santiago Gómez Mella 4º E.P.




O día que comezou a escola, na miña parada do autobús, había un neno ao que non vira nunca pola aldea. Cando o saudei, pregunteille se ía para o a miña escola e con moita timidez contestoume que si. Este neno, que se chamaba Nair, estaba acompañado pola súa nai e contoulle á miña que viñeran emigrados doutro país porque no seu, non había calidade de vida.
A súa historia entristeceume moito, xa que, iso pódenos pasar a calquera de nós.
Pregunteille se quería sentarse comigo no autobús e así poder saber máis da súa historia. Dende ese día fun o seu mellor “AMIGO”
Pablo García Collazo 5º E.P.

Debuxos 
Amigo: Elvira Valiña Sainz, 5º Educación Infantil
 Cabelo: Adrián Cimadevila García, 6º Educación Infantil



Dende o centro queremos felicitar a todos os alumnos/as que participaron unha vez máis nesta actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario