Estimadas familias, dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
O lema deste ano "Bibliotecas, sempre ao teu carón' trata de destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
A biblioteca das palabras máxicas por onde pasan nenos, nenas, mestres e familias, celebra hoxe o seu día. Ao longo de toda a semana iremos amosando actividades que faremos en torno a esta celebración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario