cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 28 de marzo de 2022

I CONCURSO DE CERTAME FOTOGRÁFICO DE TEMÁTICA MEDIOAMBIENTAL

Dentro do proxecto de Voz Natura  vaise a realizar o I Certame Fotográfico de Temática Medioambiental.

Este concurso faise co fin de que o alumnado reflexione sobre a importancia das  paisaxes naturais e o seu coidado, desenvolvendo así unha correcta conciencia medioambiental.
Para a realización de dito concurso, os alumnos- as,  deben sacarlle unha foto a unha paisaxe natural que lle guste. 

Unha vez feita a fotografía, coa vosa axuda, podedes enviala ao correo do colexio:      ceip.oca@edu.xunta.es . 

Imprimrémolas e faremos unha exposición  para que todos poidamos coñecer novas paraxes🍀🌿🌾🌽🌼🌻🌺


No correo, acompañando a foto , debe asignarse o nome e apelidos do alumno/a  e o lugar onde se realizou dita fotografía.
Poden participar ata o 20 de abril, xa que o 22 de abril farase a entrega dos premios. Serán tres as fotografías premiadas.

¡Animámosvos a participar!





No hay comentarios:

Publicar un comentario