O Teatro Principal da Estrada acolleu onte a 9º edición da Festa das Palabras. A iniciativa, organizada polos equipos de dinamización lingüística dos centros educativos do municipio, pretende fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade e serve como colofón final ó traballo realizado polo alumnado durante todo o curso escolar.
O acto comezou cunha intervención da escritora galega de literatura infantil, Rosalía Morlán, que foi a madriña elixida para a edición deste ano. A continuación, realizouse a entrega de premios do IX Concurso de Micropoemas e microrrelatos que organizan os equipos de dinamización lingüística dos centros escolares. Para poder participar no certame, os micropoemas tiñan que conter a palabra “infinda” e os microrrelatos, a verba “loita”. As dúas aparecen en títulos de obras de Florencio Delgado Gurriarán, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.En total, foron premiados un bo número de alumnos e alumnas de cada centro. No concurso de micropoemas do noso colexio saíron premiados:
- Miguel Cimadevila : 2º de primaria
- Anxo Couto: 3º de primaria
-Julia Canicoba: 6º de primaria
En microrrelatos saíron premiados:
- Elvira Valiña de 1º de primaria
- Mara Couto: 4º de primaria
- Julia Canicoba: 6º de primaria
Ademais saíron escollidos dous debuxos de Educación Infantil:
- Uxía Ferrerio: 6º de infantil, relacionado coa palabra loita
-Lía Gigirey: 6º de infantil relacionado coa palabra infinda
No hay comentarios:
Publicar un comentario