Durante a xornada de hoxe e co motivo da celebración do Día de Rosalía, varios compañeiros e compañeiras de cuarto e quinto de Educación Primaria, acudiron ó Teatro Da Estrada co fin de festexar esta data tan importante.
A homenaxe consistiu no recitado de poemas da escritora galega ademais da presentación do videoclip Aí vai a tola soñando, poema musicalizado de Rosalía, de cuxa gravación tamén participamos.
No noso centro, tamén homenaxeamos a ROSALÍA DE CASTRO, cunha presentación que elaboraron o alumnado de 5º e coas lecturas dos micropoemas que elaboraron os nenos/as de todo primaria para o X CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICORRELATOS.
E POR ÚLTIMO, @S GAÑADORES DOS MICROPOEMAS E MICORRELATOS ESCOLLIDOS PARA A EDICIÓN DESTE ANO:
No hay comentarios:
Publicar un comentario