Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS o mércores tivemos un obradoiro didáctico sobre os instrumentos e a vestimenta na música tradicional coa colaboración de PABLO SEOANE E MARÍA MAYO.
O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria pudo coñecer de primeira man cales son os instrumentos tradicionais máis coñecidos, pero non só velos senón tamén tocalos e aprender un pouquiño máis acerca deles. Aprenderon tamén sobre o vestiario, os ritmos máis importantes dentro da nosa cultura e a riqueza oral a través das coplas.
Moitas grazas Pablo e María!
No hay comentarios:
Publicar un comentario