O pasado venres vivimos no centro un día moi especial. Unha das alumnas de sexto de Educación Primaria, María, presentou o seu libro. A María encántalle escribir dende sempre e foi plasmado os seus escritos nun caderno que se materializaron neste libro, en concreto, neste poemario.
Para dita presentación, tivemos o pracer de contar coa escritora lalinense Charo Golmar e de familiares que arrouparon a María neste fermoso momento. Ademais, moitos dos seus compañeiros e compañeiras tamén foron protagonistas da presentación, poñéndolle voz ao seu poema "O Galego" que previamente se encargara de musicalizar Xiana.
A continuación, deixámosvos algunhas das fotografías e vídeos desta xornada.
Durante este evento contamos tamén coa presenza da prensa. A través deste enlace👉https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/05/25/prodixio-da-poesia-oca-102868203.html
podedes ver a reportaxe completa.
Dende o centro agardamos que esta sexa tan só a primeira de moitas presentacións e animamos ao resto do alumnado a continuar mergullándose no fascinante mundo da escritura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario