Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o IES Nº1. Xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros da Estrada, puideron coñecer o seu futuro centro.
Unha vez rematada a visita e de maneira conxunta, dirixíronse á praza do concello para poder desfrutar do Correlingua e realizar o xa tradicional desfile, escoitar o manifesto a prol do uso da nosa lingua e poder deleitarse coa música da banda A Gramola Gominola.
Unha mañá do máis completa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario