O pasado 5 de Xuño, Día do Medioambiente, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria realizamos unha xornada de plogging, unha mañá de limpeza e recollida de residuos e lixo da nosa contorna. É importante vivenciar e reflexionar sobre a importancia deste tema.
Ademais, puidemos aproveitar o bo tempo, para realizar unha andaina solidaria en colaboración coa Asociación Unoentrecienmil, asociación sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo consiste en impulsar proxectos de investigación científica para lograr a curación da leucemia infantil.
Realizamos dita andaina ata o Pazo de Oca, onde desfutando da marabillosa contorna, o alumnado practicou xogos deportivos.



.jpg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario