cartas de amor

lunes, 8 de junio de 2026

PDI: VIVAMOS A NOSA CULTURA

Estamos a piques de rematar o PDI deste ano, titulado Vivamos a nosa Música. Trátase dun proxecto bianual que dá continuidade ao proxecto desenvolto durante o curso anterior centrado na Música Tradicional Galega. Durante este curso tratamos de achegar ao noso alumnado ás raíces celtas da nosa cultura e do noso folclore, partindo do Festival Intercéltico de Lorient (punto de encontro das chamadas “nacións celtas” no que se dan cita a cultura, a música e as tradicións dos diferentes países).

Como ben sabedes, este proxecto comezou coa visita de Pablo Seoane, quen acudiu ao centro a impartir unha charla didáctica sobre dito Festival. 

A partir de aí, o alumnado de Ed. Infantil, 1º,2º e 3º de Ed. Primaria, centráronse no estudo do pobo celta; coñecer como e onde vivían, a súa simboloxía, recoñecer as nacións celtas e coñecer as semellanzas e diferenzas coas músicas das rexións veciñas, en concreto, facendo a comparativa de instrumentos, danzas e traxes típicos entre Portugal e Asturias.

O resultado desta investigación pode verse plasmado nos diferentes murais expositivos situados nos corredores do centro.




Por outra banda, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, centráronse no estudo das rexións intercélticas (Galicia, Irlanda, Escocia, Bretaña Francesa, Gales, Illa de Man e Cornualles); en concreto, na súa localización, idioma, músicas, instrumentos e vestimentas tradicionais, bailes e danzas típicos e grupos que participaran no festival previamente citado.

Continúan a investigar para realizar unha exposición do máis completa sobre a temática.





A vindeira semana, realizarase unha presentación aberta a toda a comunidade educativa para que coñeza o resultado de todas as investigacións e traballos desenvoltos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario