cartas de amor

jueves, 4 de junio de 2026

VIDEOCONFERENCIA CO ALUMNADO DO IES AVELINA VALLADARES

Durante a xornada de hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria realizaron unha videoconferencia co alumnado de 4º da ESO do IES Avelina Valladares. 

Unha videoconferencia do máis interesante, na que os compañeiros e compañeiras do instituto, lle expuxeron un proxecto levado a cabo durante o curso no que investigaron sobre persoeiros importantísimos da nosa zona. Falaron da vida e obra de Manuel García Barros, Avelina Valladares, Manuel Cabada Vázquez, Marcial Valladares, Antón Losada Diéguez, Manuel Varela Buxán e Manuel Reimóndez Portela. Ademais de amosarlle os monolitos adicados a cada un deles situados na Avenida da Cultura da Estrada; ademais dalgunha rúa que recibe o seu nome. 

Unha charla interesantísima, que a maiores, nos permitiu ver a antigos alumnos e alumnas do noso centro!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario