cartas de amor

miércoles, 5 de junio de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

O 17 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍAS DAS LETRAS GALEGAS. O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO É: ROBERTO VIDAL BOLAÑO. DURANTE TODA A SEMANA, NAS AULAS, ESTIVEMOS TRABALLANDO A SÚA FIGURA E COÑECENDO ALGUNHA DAS SÚAS OBRAS, HOXE, VIMOS NA BIBLIOTECA UN VIDEO SOBRE A SÚA VIDA E A SÚAS OBRAS.  
DESPOIS CANTAMOS EN KARAOKE ESTA CANCIÓN TAN DIVERTIDA SOBRE O GALEGO, TITULADA "MEU O MUNDO É". PODEDES ESCOITALA AQUÍ

DESPOIS FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A AUGA E TODO O QUE DURANTE ESTE CURSO TRABALLAMOS. 

  •  OS NENOS E NENAS DE 3º CICLO PREPARARON UN POWERPOINT SOBRE A CONTAMINACIÓN




  •  O ALUMNADO DE 1º CICLO EXPLICÁRONNOS O QUE APRENDERAN SOBRE A FLORA DO RÍO ULLA 


  • OS NENOS E NENAS DE 2º CICLO RECOMENDÁRONNOS CONSELLOS PARA AFORRAR AUGA E TAMÉN NON EXPLICARON OS USOS QUE TIÑA A AUGA DO RÍO ULLA 



  • O ALUMANDO DE INFANTIL ENSINOUNOS TODOS OS EXPERIMENTOS QUE FIXERAN 

miércoles, 8 de mayo de 2013

UNHA RAZÓN MÁIS PARA AFORRAR AUGA ...

Mirade este divertido video sobre o aforro da auga ... e tende coidado de que non vos pase igual que á rapaza!!!!!!



lunes, 29 de abril de 2013

SEMANA DO LIBRO 2013

PARABÉNS LIBROS!!!! Porque o día 23 de abril estades de ANIVERSARIO ... con vós pasámolo xenial: rimos, pasamos medo, ás veces intriga .... e por iso ... esta semana querémosvos organizar unha festa!!! e que mellor invitados para esta festa que moitos nenos e nenas dispostos a escoitar moitas historias???

Estas foron algunhas das actividades que organizamos en relación á SEMANA DO LIBRO e ao noso proxecto MERGÚLLATE NA LECTURA (Proxecto anual sobre a auga)

- Dentro do CICLO DE CONFERENCIAS que estamos organizando ultimamente. Esta semana tivemos unha conferencia a cargo de ALEJANDRO coa axuda de ALEX. Alejandro falounos da pesca e ata nos trouxo unha caña para que a viramos!!!!




- Saray contoulle á rapazada de Infantil e de 1º ciclo o conto "EL PEZ ARCOIRIS" .... e puidemos ver de fondo imaxes do fondo do mar que nos fixeron mergullarnos de cheo na historia!!!. Despois cada neno/a recibiu de "agasallo" un pequeno  "pez arcoiris" ...





 
 
- Os colaboradores da Biblioteca, agasalláronnos dramatizando unha pequena obra titulada "Gota a gota" que contaba as aventuras de 5 pequenas gotas de auga ata chegar ao mar.
MOI BEN RAPACES!!!! COMO NOS GUSTOU!!!!!










jueves, 11 de abril de 2013

CICLO DE CONFERENCIAS

Estamos en abril, o mes dos libros ... un dos meses máis importantes para a vida da nosa Biblioteca.
Este curso decidimos facer un ciclo de CONFERENCIAS a cargo dos nosos alumnos- colaboradores...
Hoxe, ALEX, coa axuda de ALEJANDRO, falounos sobre o XADREZ, xa que el é un experto sobre o tema e participa en campionatos. 







martes, 2 de abril de 2013

DÍA DA POESÍA --- EN TORNO A ROSALÍA

Hoxe rematamos o 2º trimestre e ... que mellor forma de rematalo que con unha boa lectura!!!
Celebramos o día da poesía ... primero a profe Ana,responsable do EDLN fíxonos unha fermosa presentación na biblioteca sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.



Tamén escoitamos cantar, nun video, a Lucía Pérez un poema de Rosalía:




Despois recitamos "ADIOS RÍOS ADIOS FONTES NA ENTRADA DO COLEXIO!