cartas de amor

viernes, 18 de octubre de 2013

BIBLIOENIGMA1: AS CABAZAS






Halloween é unha festa que se orixinou na cultura celta e que celebra todas as noites do día 31 de Outubro.

Nalgúns países os nenos se disfrazan esa noite e pasen polas rúas pedindo doces de porta en porta.

Tamén adoitan decorar cabazas facéndolle ollos e boca e colócanlle dentro candeas.

En Galicia esta festa é coñecida como Samaín e xa era tradición antigamente o uso das cabazas. Unha das fontes de alimentación de Galicia é a pataca, antes de que chegara desde América, comíanse castañas. Antes de que os romanos trouxeran as castañas era ... A CABAZA!!!!

Así, vemos que a cabaza tamén pode formar parte da mesa. Ademáis de ser moi saborosa, a cabaza, achega nutrientes ao noso corpo. É rico en fibra, é unha gran fonte de potasio, fósforo e calcio. Tamén ten un elevado contido en betacaroteno.

É posible preparar con ela tartas, sopas e moitos pratos máis. O seu sabor doce combina moi ben coa canela, o clavo e o xenxibre.

Outras fontes de información:

http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=196

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/osamain.pdf

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/historia.html









E AQUÍ TEDES  UNS XOGOS SOBRE O SAMAÍN PARA POÑER A PROBA TODO O QUE SABEDES DESTA CELEBRACIÓN

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

http://chiscos.net/f1/samain/samain.html (PARA OS MÁIS PEQUENOS)

https://dl.dropboxusercontent.com/u/31356478/Sama%C3%ADn%202/o_samain.html









SAÍDA AOS TÍTERES

0S NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E OS DE 1º CURSO DE PRIMARIA, SAÍRON A UNHA VISITA DIDÁCTICA Á ESTRADA, PARA ASISTIR A UNHA OBRA DE TÍTERES TITULADA "EL PATITO FEO DE BOMBALINO Y CUCHUFLETA".

 GUSTOULLES MOITO!!!!
















 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2013/10/01/estrada-acogera-mes-seis-funciones-titeres-festival-galicreques/0003_201310D1C119930.htm




PARTICIPAMOS EN FERTIBERIA

O alumnado de 2º ciclo participou no concurso nacional de pintura organizado por FERTIBERIA. Cada un elaborou as súa creación de paisaxe rural e este foi o resultado!!!!
 SODES UNS ARTISTAS!!!
NORABOA!!!!


martes, 8 de octubre de 2013

EXPOSICIÓN DE MANUALIDADES DE OUTONO




 


Chega o outono. Tempo de cabazas, castañas, millo, landras... e outros moitos froitos típicos desta época do ano.
Este curso académico decidimos facer unha ampla exposición de manualidades feitas con estes froitos. Pedimos a colaboración das familias para que axudedes aos vosos fill@s a elaboralas e a crealas. Aquí podedes ver algúns exemplos, podedes mesturar varios froitos!




E aquí tedes unha foto dalgunhas das manualidades que se fixeron na exposición do cole no curso 2010-2011

As creacións poderanse ir traendo ao cole a partir do luns día 21 de outubro para ir poñendo na exposición.


NOTA: Ademáis, os nenos e nenas poderán traer as castañas para o Magosto a partir do luns día 28 de outubro (cun anaquiño xa cortado)


lunes, 7 de octubre de 2013

EXHIBICIÓN DE BALONCESTO




HOXE TIVEMOS UNHA EXHIBICIÓN DE BALONCESTO E TIVEMOS TAMÉN A OPORTUNIDADE DE PRACTICAR UN POUCO ESTE DIVERTIDO DEPORTE!!!!! ... E A VERDADE É QUE NON SE NOS DÁ NADA MAL!!!

domingo, 6 de octubre de 2013

QUERES COÑECER O ORINOCO?

Todos os sábados a partir do 12 de outubro arranca ‘Aventura no Gaiás’, onde pais e fillos descubrirán a cultura do Amazonas a través de xogos e probas de coñecemento e habilidade. O Museo Centro Gaiás acollerá o 8 e 29 de novembro o campamento ‘Unha noite no Orinoco’ e en decembro ‘Orinoco en danza’ da man do Centro Coreográfico Galego O Gaiás tamén pon en marcha visitas didácticas para escolares e un ciclo de conferencias que arranca o 22 de outubro co etnógrafa francesa Marie-Claude Mattéi-Müller 



 PODEDES VER MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ
 http://www.edu.xunta.es/web/node/10710