cartas de amor

jueves, 30 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado sábado 25 de novembro conmemorouse o  "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" No CEIP de Oca fixemos este cartel para concienciar a cativos e maiores de que todos os días son 25 de novembro

jueves, 28 de septiembre de 2017

BENVIDA AO NOVO CURSO

Comezamos un novo curso cunha actuación moi especial da bruxa Carmiña a cargo de Cristina Collazo.

 


lunes, 3 de abril de 2017

ENTROIDO 2017

O BOSQUE COBRA VIDA
Este Entroido disfrazámonos de árbores e animais do bosque seguindo a temática do noso proxecto anual de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega (Os espazos protexidos)
Fixemos unha comparsa ata o pazo de Oca, onde degustamos produtos típicos destas festas na compaña das familias.









http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2017/02/24/bosque-cobra-vida-oca/0003_201702D24C119921.htm

lunes, 20 de marzo de 2017

CHEO DE MOSCAS...

Dende Arnois trouxemos a un experto en PESCA SEN MORTE que estivo mostrando como se fabrica a mosca que se emprega para capturar as troitas, facéndolles o menor dano posible.
Este pescador comprometido coa natureza é Juan, o pai de Alba e Mario.
As moscas imitan a insectos que comen as troitas. Quedamos fascinados/as pola abraiante meticulosidade necesaria para a elaboración das mesmas.




lunes, 6 de marzo de 2017

DÍA DA PAZ

Durante esta semana estivemos coñecendo a realidade do pobo saharauí. Recaudamos cartos para a súa causa. O día da paz, tivemos unha charla a cargo de Juan Soutelo, delegado deste colectivo en A Estrada.
Ademáis para completar esta xornada, cantamos unha canción relacionada co proxecto deste ano. Un canto  a favor da conservación do medioambiente.

Tamén tiñamos pensado realizar unha carreira solidaria a favor do pobo do Sahara que finalmente non puidemos levar a cabo por mor das condicións metereolóxicas.






Ademáis entregamos as primeiras mochilas viaxeiras. Aquí podedes ver @s afortunad@s!


lunes, 20 de febrero de 2017

SAÍDA Á CASA DAS LETRAS E A RADIO ESTRADA

O martes 29 de novembro saímos toda a escola para coñecer como se fai un programa de radio en directo. Ademais visitamos a Casa das Letras, que é a biblioteca municipal da Estrada. Ensináronnos o seu funcionamento e o uso de cada unha das dependencias.