cartas de amor

jueves, 3 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS

Como xa vos adiantábamos, o pasado día 1 de outubro a biblioteca abriu as súas portas, e quen mellor para a súa inuguración que unha muller que ten moito que contar. Lorena López Cobas profesora de historia da música contounos un fermoso conto dunha nena que quería ser música  e para iso investigou e buscou nos libros sobre todas as mulleres que fixeron historia ao longo da música.
Moitisimas grazas Lorena por ilustrarnos tan ben todas as mulleres pioneiras!

viernes, 27 de septiembre de 2019

BENVID@S AO CURSO 2019-2020

Prezadas familias, benvidas a un novo curso escolar 2019-2020.
O pasado día 11 de setembro inauguramos o novo curso coa actuación de Cristina Collazo, despois dos nervos de comezar o colexio, o alumnado disfrutou coa historia da corva.













Tamén recordarvos que o próximo día 1 de outubro Miroleo abrirá as portas da biblioteca cunha sorpresa moi especial.

miércoles, 19 de junio de 2019

EXPOSICIÓN PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO DE CENTRO

Mañá será o gran día no que ensinaremos ás familias todo o que investigamos sobre as mulleres pioneiras, mulleres que contaron no pasado e seguen estando moi presentes. Esperámosvos a todo@s!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras  de verán que escollemos para o alumando.
Estas recomendacións están elaboradas coa colaboración dos seguintes centros Plambe:
-CEIP PLURILINGÜE DE OCA
- CEIP CABADA VÁZQUEZ
-CEIP DO FOXO
-CEIP PÉREZ VIONDI
-CEIP DE FIGUEROA


DESCARGAR RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2019

DESEXÁMOSVOS BOAS LECTURAS!!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Na xornada de onte fomos de excursión ata Santiago de Compostela. Primeiro visitamos a Cidade da   Cultura; o noso percorrido comenzou coa exposición PENSAR COAS MANS onde vimos cerámicas, cestería e xoería de Galicia. A mostra ofrece unha visión renovada da artesanía, non só como gardiá de oficios en perigo de desaparecer senón formulando unha idea de futuro que fala de beleza dos materiais naturais.



A segunda exposición GALICIA COMO FÚTBOL. VALOR  E MESTRÍA. Durante este exposición vimos mais de 300 pezas dende o ano 1876 no que se data a primeira referencia do fútbol en Galicia.
Logo achegámonos ata Área Central para desfrutar en Urban Planet.

TALLER MEDIOAMBIENTAL; VIXIANTES DO RÍO ULLA

O pasado venres tivemos no centro uns talleres medioambientais para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de primaria,  a cargo da Asociación Raiceiros de Vedra. Dito taller foi para a concienciación e a importancia da reciclaxe en xeral e mais particularmente do río Ulla.






 Entregáronlle un caderno para ir cubrindo,e ao seu remate envialo á súa sede para que lles fagan un carnet de vixía do río Ulla.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP PÉREZ VIONDI

O venres pasado o alumnado de infantil e 1º de primaria desprazámonos ata o CEIP PÉREZ VIONDI da Estrada. Alí presentámonos e logo tivemos unha mañá chea de xogos. Por último o alumnado de 3 anos bailáronnos uns bailes ben fermosos. Moitas gracias pola vosa acollida.